Subtitulado
Tradución de subtítulos para programas de televisión, cine, plataformas de streaming, webinarios, vídeos, podcasts e redes sociais
O subtitulado contribúe á difusión do teu contido e ao incremento da túa audiencia. Para obter uns subtítulos de calidade é necesario, ademais dunha tradución acertada, ter en conta uns criterios específicos para facilitar a lectura dos mesmos e favorecer a comprensión do espectador. O meu subtitulado conta con todos os requisitos técnicos necesarios para isto. Encárgome de que os teus subtítulos se axusten a un número de caracteres determinado segundo a súa velocidade de exposición en pantalla e de que estes estean sincronizados correctamente co audio.
Descubre máis servizos
Tradución para dobraxe e voiceover
Subtitulado accesible
Tradución para o sector da moda