Tradución de Audiovisual e Moda

 

INGLÉS, FRANCÉS, ESPAÑOL E GALEGO

 

Sobre min

Chámome Yolanda Casás e son tradutora especializada en audiovisual e moda. As miñas linguas de traballo son o inglés e o francés, dende elas traduzo ás miñas linguas maternas, español e galego.

Estou graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e formeime en tradución audiovisual a través do Mestrado en Tradución Multimedia na mesma. Encántanme os idiomas e descubrir outras culturas e por este motivo cursei un ano dos meus estudos na Universidade Libre de Bruxelas.

Sempre me gustou o cine e investigar sobre o mundo da moda, polo que decidín formarme en ambas disciplinas e combinalas coa miña gran paixón a nivel profesional, a tradución. A miña especialización nestes sectores permitiume colaborar en proxectos de tradución audiovisual para canles de televisión e plataformas de vídeo baixo demanda; así como traducir contido técnico e formativo para unha multinacional española líder a nivel mundial no sector téxtil.

Son unha persoa curiosa, con gran atención ao detalle e afeccionada á lectura, ao cine, á moda e á arte. Se precisas traducir contido relacionado con algunha das miñas áreas de especialización ou interese podes poñerte en contacto comigo, estarei encantada de axudarte e saberei axustarme ás necesidades do teu proxecto.

En que che podo axudar?

Subtitulado

Tradución de subtítulos para programas de televisión, cine, plataformas de streaming, webinarios, vídeos, podcasts e redes sociais

Ler máis

Tradución para dobraxe e voiceover

Tradución e adaptación de guións cinematográficos

Ler máis

Subtitulado accesible

Subtitulado para persoas xordas para televisión e cine

Ler máis

Tradución para o sector da moda

Tradución de fichas técnicas, descricións de produto, webinarios, material didáctico, contido publicitario, newsletters, etc.

Ler máis

Subtitulado

Tradución de subtítulos para programas de televisión, cine, plataformas de streaming, webinarios, vídeos, podcasts e redes sociais

Ler máis

Tradución para dobraxe e voiceover

Tradución e adaptación de guións cinematográficos

Ler máis

Subtitulado accesible

Subtitulado para persoas xordas para televisión e cine

Ler máis

Tradución para o sector da moda

Tradución de fichas técnicas, descricións de produto, webinarios, material didáctico, contido publicitario, newsletters, etc.

Ler máis

Coñece os meus proxectos

Quen traballa comigo?

Que din de min?

Yolanda é unha persoa seria, responsable e puntual cos seus prazos de entrega. A súa actitude é moi positiva e flexible, sempre disposta a aprender, a axudar e adaptarse, o cal se agradece moito neste tipo de traballo, no que case nada é unha ciencia exacta e onde cada día xorden novos retos. Sen dúbida recoméndoa para calquera proxecto relacionado co subtitulado e a moda.

★★★★★

Miguel

Director

O que máis me impresionou foi o seu compromiso coa precisión e a puntualidade. Sempre entregou os subtítulos no prazo acordado, o que nos permitiu cumprir cos nosos tempos. A súa disposición para adaptarse ás nosas necesidades específicas e a súa capacidade para traballar en proxectos de diferentes temáticas demostraron a súa versatilidade e experiencia no campo do subtitulado de xordos.

En resumo, recomendaría sen dubidalo os servizos de Yolanda, a calquera persoa que busque un traballo de alta calidade, puntualidade e compromiso coa accesibilidade. É un pracer traballar con ela, e esperamos seguir contando cos seus servizos. Grazas por facer posible que o noso contido chegue a un público máis amplo e diverso!

★★★★★

Esther

Coordinadora de Produción

Buscabamos a unha tradutora con experiencia e dispoñibilidade para proxectos de subtitulado e recomendáronnos a Yolanda. Entendémonos desde o primeiro momento e seguimos colaborando con éxito. É rápida, flexible, amable e estamos encantadas co seu traballo.

★★★★

Nahir

Xerente

Yolanda é unha profesional aberta e que responde rápida ás solicitudes da miña axencia. Exploramos xuntos proxectos e atopamos a forma na que colaborar da mellor maneira para conseguir un resultado óptimo. Recomendo os seus servizos.

★★★★★

Ignacio