Subtitulado accesible

Subtitulado para persoas xordas para televisión e cine

Presto servizos de accesibilidade para facilitar o acceso das persoas con problemas de audición aos produtos audiovisuais dispoñibles en televisión e plataformas de streaming. O meu servizo de subtitulado accesible cumpre con todos os requisitos da norma UNE 153010:2012. Nel plásmase o discurso dos personaxes diferenciados por un sinxelo código de cores e reprodúcense os efectos de son e musicais para que as persoas con dificultades auditivas poidan percibir todos os matices do produto sen ningún tipo de dificultade e desfrutar da mesma experiencia.

Actualmente o subtitulado accesible é moi demandado tamén polo público xeral debido aos novos hábitos de consumo de contido multimedia. Visualizamos acotío vídeos, series e películas en lugares con moito ruído como medios de transporte ou espazos públicos e este subtitulado pode ofrecernos grandes vantaxes nestes casos. Ademais, constitúe un grande apoio para os usuarios que aprenden idiomas a través do ocio con series e películas e para os cativos en etapa de aprendizaxe da lectura, posto que lles permite desenvolver as súas competencias de lectoescritura dunha forma amena.

Descubre máis servizos

Tradución para dobraxe e voiceover

Subtitulado

Tradución para o sector da moda